![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiFM6nKt4Hke_TtzdvA6bcV8qGu_O4LAOBULg-FypmsOXqD_8bCNZJwCSIcprflPfQSanFeYifSXePzv322AbzxhjvsoM5A8119gAH4p8GNBVBzCTFtLjfy2mgww6f2J5le3UN4yWVT3Ww/s320/Imagen+138.jpg)
Esta é unha vista do PORTO DE CELEIRO. A flota deste porto e bastante extensa e está composta por:
- 12 barcos de arrastre de litoral.
- 10 barcos de arrastre de fondo (GRAN SOL).
- 26 lanchas de baixura (ARTES MENORES).
- 3 tarrafas do cerco.
- 28 barcos do pincho (GRAN SOL).
- 4 barcos que pescan á volanta.
O arrastre de litoral tamén chamado o arrastre (á parexa). Neste tipo de pesca o principal é que dous barcos tiran dun mesmo aparello que pode chegar ós 2km de longo. Estes barcos o aparello que levan é de fio que ten malla máis fina ó final e máis gorda ó principio, e para ir rastreando co aparello arreas cable(malleta) entón o aparello vai ó fondo. Un barco tira por unha esquina dun aparello e o outro pola outra e con este sistema de que tiren dous barcos é para abrir a boca co maior diámetro posible para que entre o peixe. Estes arrastreros o que soen pescar é: lirio que tamén lle chaman bacaladilla, xarda na época de Marzo e Abril e cando se vai á xarda o que fai falta é ter maquina pa andar senón na pescas, e a pescadilla que é o que máis abunda nos caladoiros do litoral. Os barcos que constituen en CELEIRO este tipo de pesca son:
- Bautista Pino- Nuevo Socio
- Minchos 5º- Minchos 6º
- Currana- Rafael
- Marino Primero- Juama
- Pino Ladra- Hermanos Pino Ladra
enved de tirar dous barcos do mesmo aparello, tira un solo e pa abrilo leva un sistema
chamado as portas que ao mesmo tempo de que abre o aparello tamén planea polo fondo
collendo todo o que encontra por diante. Nesta pesca pescase moi variado: pota, centolos,
xarda, salmonetes, cabras, palometas, melgachos, xurelo, meiga, raias ...
- Xeos
- Montero