jueves, 3 de junio de 2010

Pesca da Volanta

A pesca da volanta é menos importante porqué sö a compoñen catro barcos. O aparello co que se pesca está composto de: rede de nilón dependendo se é de malla ancha ou malla estreita, esta rede pola parte de abaixo leva plomos ou o cabo que leva xa é emplomao e pola parte de arriba leva os corchos para que os aparellos chamados volantas queden extendidos. O aparello queda fondeado por unhas pedras que leva e queda señalizado pola súa boia. Nun barco as volantas lárganse pola popa, co barco en marcha. O que se soe pescar con este tipo de pesca é: bertorella, merluza, pescadilla... e todo peixe que se lie nese aparello.
Os barcos que a pescan són:
  • Treñeru
  • O Xan
  • Lerresac
  • Lui II

lunes, 31 de mayo de 2010

Pesca do Pincho en Gran Sol




Esta é outro tipo de pesca que é a máis abundante no porto de celeiro porqué a compoñen 28 barcos (a maioria).
A pesca do pincho en gran sol componse de:
Un dos barcos é o Pino Montero Tres que anda ao pincho dende outubro de 2008. Os aparellos larganse pola popa e estan compostos por anzuelos, pedras para fondear o aparello e pichóns para señalizalo. Estes barcos veñen a porto de cada 15, 17 días a non ser que vaian de campaña que descargan en Castretón e ven para aquí o peixe en camión.Algúns barcos que compoñen este tipo de pesca son:
As especie que se soen pescar é a merluza con distintivo de calidade no PORTO DE CELEIRO, algunhas cabras, palometa negra, palometa roja, petorella, peixe pau...

Pesca de Cerco



A pesca de cerco no porto de celeiro é escasa porqué só a compoñen 3 lanchas tamén chamadas tarrafas que son:
  • Marino José
  • A Gaveira
  • Cabaleiro Uno
Este tipo de pesca consiste en un aparello de malla finiña que é feito de fío delgado composto polo fondo por plomos e pola superficie de corchos. O aparello botase ó mar ca lancha en marcha formando un círculo para cercar o peixe. Unha vez unido o principio do aparello co final é cando a lancha amarra o aparello a ela e con un trueiro(zalabardo) que con el cóllese o peixe pouco a pouco e vaise botando nas caixas que colocan os mariñeiros na cuberta da lancha. O que se soe pescar é xurelo, sardiña, cabala(xarda)...
O envase no que se envasa o peixe é en caixas de madeira feitas no muelle vello porque dicen que o peixe ven máis fresco nestas caixas que nas de plástico.
Estas lanchas so saen ao mar o pola noite os luns, martes, mércores e xoves.

jueves, 20 de mayo de 2010

Pesca de Baixura


A parte de todos os barcos que compoñen esta flota tamén están as lanchas da baixura(artes menores) que a compoñen unha serie de 28 lanchas. Estas lanchas soen pescar ás nasas que son unha serie de cestas con rede cun burato enrriba co cal se lle mete a carnada dentro e as capturas que soen entrar son: nécoras, pulpos, camaron... Tamen noutras épocas do ano pescan os miños e aos trasmallos que é un aparello pequeno que pola parte de abaixo leva plomos e pola de arriva leva cochos e este aparello esténdese no mar e os peixes ao embistir con él lianse no aparello e non poden escapar. Tamén pescan ao palangrillo que é coma o pincho no que soen coller depende ao sitio donde largen congrio ou merluza (pescadilla). Estas son lanchas pequenas que solo saen a largar e a levantar. Algunhas lanchas que a compoñen son:
  • Nuevo Primera
  • Cielo Azul
  • Nai Alicia
  • Rolindes
  • Nuevo Pastor
  • Maria San José
  • Iván
  • O Xilgueiro
  • Playa de Cillero
  • Nuevo Angel
  • Estela y José
  • Playa de Alegrín
  • Pilar Teresa
  • Pico da Lebre
  • Safrán
  • Maria Manuela
  • Siempre Airiños
  • Los Casarrotos
  • Norteño
  • Adamen
  • Nazaret e Lucia
  • Novo Barquita
  • Costa de África

Arrastre de Fondo



Este é outro tipo de arratre pero enved de ser cerca da costa é en gran sol. Este outro tipo de arratre compoñeno neste porto 10 barcos chamados arrastreros de gran sol.
O arrastre de gran sol consiste en: unha malleta(cable) que vai ata o aparello polas beiras del. Despois de malleta que vai enganchada aos carreteles do barco veñen as portas para abrir o aparello e levalo ao fondo. A continuación e por último está o aparello de malla ancha e despois o de malla finiña. Os barcos que van a este oficio soen ter de 34 a 38,39metros porque son barcos grandes e que teñen unha nevera de fresco onde se trae a merluza, bertorella... e outra nevera de conxelado onde como a palabra o dice conxelase o peixe. Antes de meter o peixe nesta nevera hai que metelo en cubetas e metelo dentro do túnel de conxelado, e cando está conxelado métese na nevera. O peixe que se soe conxelar é a pota, calamar, e tamén o marisco como a cigala.
Estes barcos non saen rentables porqué consomen moito e se o patron non pesca, sobre 6 millóns de pesetas en gasoil, pagarlle a xente, seguridade social... ó final ó armador non lle queda un peso é as veces ten que poñer máis cartos dos fixo na venta. En esta pesca tamén se soe pescar moito variado como: merluza hai cada vez máis, e os barcos veñen cargados e non lles vale nada, bertorella, cbras, palometa negra e roja, rape, xuliana, maruca, pota, calamar, cigala, pancos, salmonetes... En celeiro os barcos que compoñen esta pesca son:
  • Pino Montero Dos
  • Puruncela
  • Bogavante
  • Currana Tres
  • Farillón
  • Monte San Roque
  • Minchos Cuarto
  • Minchos Séptimo
  • Minchos Octavo
  • Minchos Noveno

jueves, 29 de abril de 2010

ARTES DE PESCA NO PORTO DE CELEIRO



Esta é unha vista do PORTO DE CELEIRO. A flota deste porto e bastante extensa e está composta por:
  • 12 barcos de arrastre de litoral.
  • 10 barcos de arrastre de fondo (GRAN SOL).
  • 26 lanchas de baixura (ARTES MENORES).
  • 3 tarrafas do cerco.
  • 28 barcos do pincho (GRAN SOL).
  • 4 barcos que pescan á volanta.
Vou describir os tipos de pesca que entran neste porto e as características dalgun barco que ande a estes oficios e que seña de Celeiro.
O arrastre de litoral tamén chamado o arrastre (á parexa). Neste tipo de pesca o principal é que dous barcos tiran dun mesmo aparello que pode chegar ós 2km de longo. Estes barcos o aparello que levan é de fio que ten malla máis fina ó final e máis gorda ó principio, e para ir rastreando co aparello arreas cable(malleta) entón o aparello vai ó fondo. Un barco tira por unha esquina dun aparello e o outro pola outra e con este sistema de que tiren dous barcos é para abrir a boca co maior diámetro posible para que entre o peixe. Estes arrastreros o que soen pescar é: lirio que tamén lle chaman bacaladilla, xarda na época de Marzo e Abril e cando se vai á xarda o que fai falta é ter maquina pa andar senón na pescas, e a pescadilla que é o que máis abunda nos caladoiros do litoral. Os barcos que constituen en CELEIRO este tipo de pesca son:
  • Bautista Pino- Nuevo Socio
  • Minchos 5º- Minchos 6º
  • Currana- Rafael
  • Marino Primero- Juama
  • Pino Ladra- Hermanos Pino Ladra
Por outra banda está tamén ó arrastre á vaca que tira do aparello un barco solo. Esta pesca
enved de tirar dous barcos do mesmo aparello, tira un solo e pa abrilo leva un sistema
chamado as portas que ao mesmo tempo de que abre o aparello tamén planea polo fondo
collendo todo o que encontra por diante. Nesta pesca pescase moi variado: pota, centolos,
xarda, salmonetes, cabras, palometas, melgachos, xurelo, meiga, raias ...

  • Xeos
  • Montero