![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgGgpmt7DuUkgK3ULsz0ghuLbc_WBuvhKydyb2OZNraiHNdXWH-4L54zzzrV71ZAQgY294QI_jLrWspdZtwcjXfd4nRpWYRfA2MdmsKmzJ7vzeS7oJjUhrnoObD8HFrV_Bv4-p9BOTgIh8/s320/P9220809.JPG)
A
pesca de cerco no porto de celeiro é escasa porqué só a compoñen 3 lanchas tamén chamadas tarrafas que son:
- Marino José
- A Gaveira
- Cabaleiro Uno
Este tipo de pesca consiste en un aparello de malla finiña que é feito de fío delgado composto polo fondo por plomos e pola superficie de corchos. O aparello botase ó mar ca lancha en marcha formando un círculo para cercar o peixe. Unha vez unido o principio do aparello co final é cando a lancha amarra o aparello a ela e con un trueiro(zalabardo) que con el cóllese o peixe pouco a pouco e vaise botando nas caixas que colocan os mariñeiros na cuberta da lancha. O que se soe pescar é xurelo, sardiña, cabala(xarda)...
O envase no que se envasa o peixe é en caixas de madeira feitas no muelle vello porque dicen que o peixe ven máis fresco nestas caixas que nas de plástico.
Estas lanchas so saen ao mar o pola noite os luns, martes, mércores e xoves.
No hay comentarios:
Publicar un comentario